30 Març 2009...5:25 pm

Catalunya: lingua e espolio fiscal

Salta a Comentaris

Avui els amics de Galiza Nova m’han fet arribar la versió digital de la revista “Espazo en Construccion”, la publicació “d’Espazo Aberto en Galiza Nova“. Un espai dintre l’interessant (i  complex) món del BNG ,que reivindica el socialisme i l’independentisme de forma clara i desacomplexada. La revista es va editar en motiu del “Dia da Patria galega” de l’any passat. Us adjunto l’article que vaig escriure-hi.

Sucesos como o manifesto impulsado por “intelectuais” españolistas denunciando unha suposta marxinación da lingua española en Galiza, Euskalherria e nos Països Catalans demóstranos o nerviosismo que invade actualmente aos inimigos da democracia e a liberdade dos pobos. Só dende o nerviosismo e a demagoxia pódese entender o contido dese panfleto. Resulta case imposible atopar películas neses idiomas nos cines, a maioría dos xuíces non entenden outro idioma que non sexa o castelán e como eses, miles de exemplos. Pero a pesar diso propóñense crear unha imaxe distorsionada da realidade, no que as linguas oprimidas resultan ser as opresoras. O problema desa mentira é que choca de forma tan abrumadora coa realidade que nin tan sequera o PP de Catalunya ten forzas para defendelo, e ao mesmo tempo provocou unha reacción unánime de renuncia que no caso catalán serviu para unir todo o catalanismo político en defensa do idioma

Outro gran mito que caeu neste últimos días foron os da suposta insolidariedade dos cataláns. A publicación das balanzas fiscais puxo de manifesto o que os independentistas cataláns levamos denunciando dende fai anos: somos unha colonia. O espolio fiscal que sofren todos os territorios dos Països Catalans resulta insoportable. En calquera dos métodos utilizados e publicados polo ministro Solbes sobre Catalunya, as Illes Baleras e o País Valencià aparecen sempre nos catro primeiros postos. Iso supón que un 8% do PIB anual catalán desaparece. Ser españois cústanos ao ano máis de 2.000 euros por catalán a fondo perdido, un gran negocio para España. A publicación desas cifras resulta dunha gran utilidade para o independentismo catalán, xa que reforza o obxectivo da independencia cara un espectro da poboación coas que os argumentos históricos e culturais non eran sempre suficientes.

A medida que os movementos independentistas vaian gañando forza non dubidemos nin un segundo que tamén aumentará a intensidade da represión. Todo parece indicar que o futuro pasa pola convocatoria de referéndum de autodeterminación, e España intentará evitar a toda costa que eses se celebren. Unha votación na que unha maior parte de poboación dalgún dos territorios ocupados se mostrara favorable á independencia deixaría sen argumentos aos que nos acusan de antidemocráticos, de violentos e todos os demais adxectivos que xa coñecemos. Todas as súas mentiras, toda a súa violencia, toda a súa represión lles será devolta como un boomerang en forma de urna, no que diremos adeus e ata nunca. Esta nas nosas mans e imos logralo.

2 Comentaris

  • Hola Gerard,

    Són necessaris espais d’interacció entre móns, entre cultures… Entre nacions. La nació gallega i la catalana tenen molt a intercanviar, encara i, aquesta col·laboració amb Galiza Nova n’és un exemple.

    Moitas grazas

    Una abraçada!

    Silvio Falcón

  • Molt bon dia Gerard.

    Primer de tot dir que ciències polítiques està molt bé, i que va ser un plaer compartir unes paraules amb un noi, que ja m’havien partlat d’ell.

    El segon, és invitar-te un dia pel meu blog, i remenis, que això de fotolog és una broma.

    Una abraçada,

    David Nàcher


Deixa un comentari